sábado, 12 de novembro de 2016

MAIS vs HIERBA?









Estas dos fotos fueron tomadas el 10/11/16, a escasos metros de distancia








Llama vuestra atención?







Y LA RENTABILIDAD ECONÓMICA? QUEREMOS GRANJAS EN EL MEDIO RURAL!

El día anterior, en unas jornadas, se comentó lo siguiente:

Coste de materia seca de hierba pastada: 46€ /Tm MS
Coste de materia seca de maíz, hasta el pesebre: 108€ / Tm MS

CONCLUSIÓN:

Para ir rápido, asumimos que la leche producida por los animales está vinculada solo a la Materia Seca que comen. La conclusión es INMEDIATA:

¡ES POSIBLE GANAR LO MISMO PRODUCIENDO MUCHO MENOS LITROS!
(y lo podemos hacer: ¡reducimos la carga ganadera!)


y a mayores:
  • contaminamos menos
  • conservamos tierra y biodiversidad
  • producimos menos, por lo tanto reducimos excedentes y subimos precio de la leche
  • trabajamos menos
  • aumentamos bienestar animal
  • etc.. etc...

A VER SI POCO A POCO NOS VAMOS ENTERANDO

¡CORCHOLIS!

HAY PRODUCCIÓN RENTABLE, MUY RENTABLE, QUE NO ES INTENSIVA


(evidentemente, tenemos muuuucho más datos que justifican estas afirmaciones...)

(disculpar el empleo del castellano, pero es que muchos asesores de granjas gallegas no son de aquí... ¡y quien entienda la retranca, que la entienda!)










mércores, 13 de abril de 2016

Traballo con herbómetro

A Deputación de A Coruña cofinanciou un proxecto de demostración do uso do herbómetro, en colaboración co grupo de xestión europeo co que traballamos, o European Dairy Farmers, a través da sua representación galega, EDF-Galicia.










No proxecto, realizamos medidas co herbómetro...













... que nos da datos en altura de herba e os traspasa a kg de materia seca, en función de ecuacións matemáticas, que é o que pretendimos comprobar co proxecto...










...polo que comparamos as medicións do aparello coas pesadas realizadas en campo.









Despois, difundimos o seu uso entre os gandeiros participantes no programa



















domingo, 20 de marzo de 2016

Veña! Agora, todos/as a producir leite ecolóxico!


Non vos ensino nada novo: a situación das granxas de leite esta mal, tirando para pior.

Os prezos polo chan coma nunca, moi moi por debaixo dos custos de produción en sistemas intensivos, e tamén moi baixos para sistemas extensivos. E iso, cando non te anuncian que o mes que ven xa non te recollerán o leite...

Pero MARABILLA! De súpeto, descubrimos que o prezo do leite ecolóxico é máis alto que en convencional, chegando a níveis de ata 48 céntimos por litro! Hay demanda de leite ecolóxico. Apareceu unha nova industria que pretende discutirlle o ata de agora monopolio de Lactalis. E as entidades de aconsellamento frótanse as mans, dado que se hai ecolóxico, hai subvencións, e se hai subvencións, eles cobran. Ou sexa, un contexto inmellorábel para que todos os focos se centren nesta produción e vos incitan a cambiar o voso sistema.

A reacción? o normal, habitual e previsibel: veña, todos a facer leite ecolóxico! E aquí nos vedes a nós, que levamos 20 anos traballando en produción de leite ecolóxico, 20 anos tentando difundir esta produción, 20 anos acompañando a produtores e produtoras para que lles saia cada vez mais rendíbel; que digo que nos vedes agora conchamadas día sí, día tamén, para informar a este ou aquel. Algo é algo! Parece que, por fin, algo se move. E ben é certo: para moitas granxas, non hai agora mesmo outra alternativa ao peche.

Aqueles que nos chaman, pregúntanos como é esta produción? Que va! Agás algunha excepción, isto é o de menos! O importante é pasarse XA, a ecolóxico, cobrar o leite e xa está.

Cal é o problema??????

Pois que a xente pensa, de novo
(digo "de novo", porque é o mesmo que aconteceu cando se iniciou a produción ecolóxica en Galicia. Daquela, era Río quen quería que se lle financiase a súa fábrica do Ceao, aquela misma á que acaban de dar orde de derribo...me seguides?) 

Pois que a xente pensa, de novo
, que producir ecolóxico é cambiar o penso convencional por ecolóxico e inscribirse nun consello regulador. E pouco máis, pouco máis. Pero isto non é rendíbel, e se non, miredes o que di este típico produtor convencional que se pasou a ecolóxico sen entender absolutamente nada, e tivo que volver a convencional, por non querer entender nada (declaracións vergoñentas de L. Quintás. Por que será que "la voz" saca esta información en troques de chamarnos a nós?)

Amigos, amigas, por favor. Difundades entre os vosos contactos que producir en ecolóxico non se fai dun día para outro, que hai que planificalo. Que SI, SI! os animais han ter que ir a pasto a comer herba, sabedes, aquelo verde que crece nos campos! Porque a algún iluminado por alí lle parece que producir ecolóxico é máis un problema de facer reformas na cuadra que de usar o pasto.

Perdoade o tono retranqueiro á vez que enfadadísimo: pero nos preparamos, de novo, ao mesmo de sempre: granxas desesperadas, que se van a acoller a esta produción e se darán de baixa en 3 anos; bueno, 5, para os que teñen subvencións. O mesmo que esta pasando en horta, dito de paso. Produtores que han desenvolver sistemas intensivos, aínda que en ecolóxico, e que non han ser quen de sacarlle rendibilidade -si é que dan cumprido coa normativa.

Asi que, velaí unhas sinxelas ideas para que produtores e produtoras tomen as suas decisións con coñecemento de causa:


  • se aínda non estas de alta no Consello Regulado da Agricultura Ecolóxica de Galicia, olvídate das axudas ata polo menos o 2020.
  • que non te engañe o prezo do leite: iso é agora, durará o que dure a loita entre Celta e Lactalis, ata que gañe un ou se poñan de acordo
  • a non ser que tiveras vacas trabadas, se ata a data respeitabas máis ou menos as normas impostas pola PAC (a ecocondicionalidade), sería moi moi raro que tiveras que facer investimentos en edificios e reformas.
  • existe o penso ecolóxico, si. Un 70% máis caro. Ou sexa, que se pensas facer leite ecolóxico dando 10 kg de penso aos animais, estas moi pero que moi equivocado, polo moito que te paguen o leite
  • existe forraxe ecolóxico, si. Non sempre, a prezos e calidades moi variábel. Nada que ver co mercado convencional. Asi que, nada de basear a túa produción en compra de forraxes fóra.
  • HAY QUE PASTAR! Como pensas limitar o concentrado ao 30% da ración e non dar silo todo o ano, se non pastas???? O único, que te dediques a ir a pola herba verde. Desexo-te animos para facelo e ver a rendibilidade que ten. E, amigos, amigas, "pastar" é moi distinto de "sacar as vacas para fóra". Ter un rabaño de 11.000 litros de media ten a súa complicación técnica. Pois ben, pastar con rendibilidade, tamén precisa dun alto nivel técnico.
  • Olvídate de ter animais de 9000 litros. E posíbel te-los, si. Pero en absoluto rendíbel.
  • E como pensas manexarte con animais intensivos, con penso, se non podes empregar hormonas para a reprodución, non podes ter máis de 3 tratamentos por ano?
  • En resumidas contas, para ser rendíbel, é máis ca probábel que debas reducir animais, reducir produción e entregar menos leite. Non pasa nada, é cuestión de facelo rendíbel.

Ou sexa: producir leite ecolóxico non é coser e cantar! Tes que informarte e formarte, e aínda así, ten a súa complicación.

Nestes tempos, xa todo o mundo sabe de leite ecolóxico, coma por arte de maxia. Escolle ben quen te informe! A produción ecolóxica é moi distinta da convencional, e quen sabe moito de produción intensiva, con moita probabilidade non terá a máis mínima idea de como producir en ecolóxico. Son anos os que levamos decindo que o importante non é cantos litros de leite produces nin cantos litros producen as túas vacas ao ano, senón que o importante é cantos cartos te quedan a fin de ano. Durante anos, parecíamos tolos, queríamos volver as cavernas. Iso nos dicían algúns dos que agora, de súpeto, dun día para outro, defenden que sempre tiñan claro que o ecolóxico era a vía de futuro. Ollo con eles, non saben do que falan.

Na Galiza, agora mesmo, quen sabe de produción ecolóxica de leite a nivel técnico son algúns productores e nosoutros; non hai outra. Asi que, non dubidedes en contactar con nós se vos interesa e pensades que ides poder pasar a ecolóxico. 

De paso, lembrovos que publicamos fai un ano un libro sinxelo que explica todo isto: "Producir leche de vaca ecológica".

Se chegaste ao final do artigo, igual entón é que tes posibilidades de pasar a ecolóxico. Anímate!









mércores, 6 de xaneiro de 2016

Dodecálogo del buen pastoreo



  1. No recogerás hierba que pueda coger la vaca
  2. Reducirás la carga ganadera
  3. Respetarás tiempos de reposo
  4. Aceptarás variaciones en el tanque
  5. Iniciarás el pastoreo en cuanto el terreno no se destroce
  6. Seguirás una planificación del pastoreo
  7. Te preguntarás donde estarán las vacas dentro de 35 días
  8. Intentarás no dar forrajes en verano
  9. Te resistirás a abrir el silo
  10. No dudarás en recoger hierba en cuanto el tiempo lo permita
  11. Vigilarás cardos y labazas
  12. ¡Agradecerás esta cosecha barata


venres, 30 de outubro de 2015

Volatilidade de prezos de leite e pensos: como afrontalo?


Evolución da marxe de beneficios por UTA, en vacas de leite (azul), ovino de leite (verde) e porco (rosa). (base 1995)
Gráfica de Juanma Intxaurrandieta, INTIA, Nafarroa.



Para isto, entre outras cousas, sirve irse de viaxe por ali a ver granxas...

A gráfica fala de por si:

O sector do porco xa esta afeito a traballar coa especulación e variacións de mercado. Resultado: alternancia de períodos con ganancias altas e períodos con ganancias baixas e mesmo perdas. Para aguantar, os períodos bos sirven para compensar aos malos.

O prezo do leite relativamente estábel ata o 2006, e empezando agora os altibaixos. O futuro do sector lácteo vaise achegar ao que pasa no sector do porco. Pensar o que pasa se esa gráfica do porco se aplica ao leite nos vindeiros anos...

En ovino, as variacións son menores. Polo que? Porque hai moita transformación e venda directa.

CONCLUSIÓN: TI DECIDES!


  • ou segues o mesmo camiño de sempre, e nos anos bos dedícaste a inverter con pouco ton e pouco son en tractor, cemento ou animais: catastrófico, porque non tes reservas para os anos malos (o que nos esta a pasar este ano, dito de paso...)
  • ou vas máis prudente, e aforras nos anos bos para ir aguantando os malos, uns anos estas feliz e outros non
  • ou vas máis alá, e vas na direción da redución de custos, redución de intensificación, mesmo redución do rabaño e da produción
  • ou cambias o chip e oriéntaste á transformación e sistemas de venda máis directa, un camiño dos máis fáciles, a que si?

TÍ MESMO/A...









martes, 15 de setembro de 2015

CANTO CUSTA PRODUCIR UN LITRO DE LEITE? DENDE LOGO, NON 0.276€/LITRO!










Metidos en pleno conflito do leite, non nos faltan datos nos medios de comunicación para dicirnos canto deben cobrar os produtores e produtoras. Pero a información publicada hoxe por un medio de comunicación roza xa o esperpento máis espectacular!

Cito textualmente: producir un litro de leite custa 0,276 “coste de producción en granja”. Que barbaridade!

Xestión Agrograndeira e Natureza SL leva máis de 20 anos traballando en xestión de explotacións gandeiras, estudando custos de produción. Os gandeiros e gandeiras que traballan con nós non son dos que teñen os custos de produción maiores, xa que, precisamente, están estudando detalladamente os seus custos de produción para ir reducíndoos. Pois miren por onde, o custo de produción medio, con todos os custos incluídos, no ano 2014, foi de 0,3705€/litro, ben lonxe dos 0,276€ publicados! 

Claro, se cadra quen traballa non debería cobrar nada polo su traballo: ao fin e o cabo, estamos en crise, non é? Pois aínda así, sen remuneración familiar, o noso custo é de 0,3394€/l!

Ou sexa, só cabe unha conclusión: quen afirma con rotundidade, dende a fama de ser un “experto” ou “experta”, que producir un litro de leite agora mesmo neste país custa menos de 0,30€/l non debe nin saber que o leite o producen as vacas. Nós, sí: é o noso traballo diario.

Esta clara a intencionalidade: inducir a pensar que os gandeiros e gandeiras se pasen un montón reclamando pagos de 0,34€.

Agora ben: que se pode producir o leite a 0,276€? e menos? Claro que si! Pero para isto, necesitamos base territorial, superficie, banco de terras, unha organización do sector, presión para que funcionen as mesas de negociación intersectoriais, formación de produtores e asesores, etc... E dicir fainos falta vontade política que pule por un sector produtivo básico da nosa economía. Pero seica neste país nos interesa máis facilitar que os cartos os leven os franceses, a través de Citroën, ou os madrileños do hospital agora privado de Vigo...



Xan Pouliquen Kerlau

Xerente de Xestión Agrogandeira e Natureza SL

martes, 9 de xuño de 2015

Que conclusións sacamos do Salón da herba?




O día 3 de xuño, marchamos un grupo de gandeiros e técnicos (ningunha muller, evidentemente: á igualdade de xénero, aínda lle queda camiño por percorrer...)... Digo, un grupo de gandeiros e técnicos visitamos o salón da herba, en Bretaña. Unha feira dedicada única e exclusivamente a todo canto rodea a produción de herba nas explotacións gandeiras.

Non imos dar aquí detalles sobre as interesantes cousas que puidemos ver, imos ir colgando pouco a pouco algunhas fotos ao longo dos vindeiros días, neste enlace.

Hoxe, presentaremos as conclusións da viaxe:

  • A produción de herba deixou de ser unha cuestión de sistemas extensivos
Na edición anterior do salón, a que fóramos tamén, aparecía como unha feira máis ben alternativa, con unha orientación hacia explotacións extensivas, mesmo ecolóxicas. Material de dimensións modestas. Ambiente comercial, pero non agresivo. A impresión era como estar en familia.



A evolución foi notábel. Nesta nova edición, había claramente menor presencia de stands ligados ás producións extensivas, pastoreo e ecolóxicas. A maquinaria era de moito maior tamaño. O plantexamento claramente máis convencional: no contexto da nova PAC (greening + fin das cotas + volatilidade de prezos), esta claro que se aposta pola redución de custos, o que aporta a herba.


  • Protagonismo das mesturas múltiples
Queda claro o aumento das mesturas múltiples, que incorporan xa non só unha leguminosa e unha gramínea, senón varias de cada unha, e ademáis varias variedades de cada especie. Así, atopamos mesturas con varios raigrás, varios trévos, dactilo, festuca, plantago, loto, fleo... Eso era unha vella reivindicación do enfoque ecolóxico, que afirma que a bio-diversidade, traducida en varias especies e variedades nun prado, é un factor de equilibrio da produción de herba (fronte aos aleas climáticos entre anos), e tamén de equilibrio da dieta, dado que a diversidade expresase en unha dieta máis variada: hai menos necesidade de complementos minerais e vitaminas no concentrado.

  • Protagonismo de novas especies


Identificamos na edición anterior a presenza de achicoria en mestura anual. Agora, practicamente todas as casa ofertan mesturas pratenses de longa duración con achicoria e lingua de ovella. De novo, apréciase a influenza do coñecemento ecolóxico, que xa dende vai boa citaba o plantago como fonte de minerais e as compostas como proteción fronte a parásitos...


  • Cambios na maquinaria: máis rolos, menos montón

Detectamos unha redución da presentación de maquinaria para o silo a montón (picadores), fronte a un moi notábel incremento da oferta de maquinaria para rolos: enroladoras, enroladoras-encintadoras, remolques, pinzas.

Pola outra banda, apareceron os autocargadores de grande tamaño para recollida e distribución automática de herba verde.






e o último:

aínda nos queda moito para saber sobre produción de herba...