xoves, 7 de novembro de 2013

PROGRAMACION CURSO DE HORTA ECOLOXICA PROFESIONAL


 
Queda todavía algunha praza para o curso que horta ecolóxica de 50 horas que imos celebrar de novembro a xaneiro, un día a semán, para persoas que queren vivir desta produción.

Lembredes que remata o prazo de inscrición o día 18 de novembro.

Achegamos a programación definitiva, aínda que a revisemos o primeiro día xuntos, para adaptarnos o máximo posíbel á vosa dipoñibilidade.

Para máis información, contacta con nós ou pincha aquí




TITULO CONTIDO HORAS DATA
modelos de AE modelos de produción 0,5 25/11/13
modelos de comercialización; internet 1,5 25/11/13
lexislación lexislación normas de produción; tramitacións 1 25/11/13
comercialización: normas, etiquetado 1 25/11/13
comercialización envases, etiquetaxe 2 25/11/13
sementes e plantóns mercado 0,5 03/12/13
teoría: produción e conservación de sementes 2 03/12/13
produción de sementes: por cultivo 2 03/12/13
Produción de plantas; substratos 1,5 03/12/13
abonado mercado 0,5 11/12/13
abono verde 1,5 11/12/13
cálculos MO; análises de terra e interpretación 2 11/12/13
perfil de solo; fertilidade 2 11/12/13
compostaxe 2 19/12/13
malezas teoría 2 19/12/13
control mecánico, técnicas concretas 2 19/12/13
infraestrutura ecolóxica concepto. Biodiversidade. Control de PE 1 10/01/14
sebes e illas ecolóxicas 1,5 10/01/14
estanque 0,5 10/01/14
niños, refuxios 1 10/01/14
fauna útil 2 10/01/14
por cultivo plantación, operacións de cultivo, control de inimigos, etc... 6 16/01/14
plantación, operacións de cultivo, control de inimigos, etc... 5 22/01/14
asociacións e rotacións teoría e práctica 1 22/01/14
traballo maquinaria para traballo en horta ecolóxica 2 28/01/14
economía plan de empresa 2 28/01/14
xestión técnico-económica 2 28/01/14









mércores, 9 de outubro de 2013

PASTA DE DENTES CASEIRA

RECEITA PARA FACER A PASTA DE DENTES NA CASA




 Seguimos coas nosas actividades de formación e divulgación co centro comercial Espacio Coruña. Tocou agora facer pasta de dentes. Velaí a receita.


1 culleriña de salvia seca
1 gota de aceite esencial de menta
1 pizca de sal mariña
2 culleriñas de arxila branca ou caolín
auga




  • Facemos unha infusión de salvia, en un vaso de auga. Se o que temos é salvia fresca, entón botamos 2 culleriñas en troques de unha
  • Pasados 4 minutos, colamos a infusión con gasa ou colador fino
  • Botamos 2 culleriñas de infusión na arxila, o sal e o aceite de menta
  • Revolvemos até que quede ben mesturado e compacto, coa textura de pasta de dentes
  • Podemos botar esencia de té, que axudará a aguantar esta pasta máis tempo, e que ten tamén efecto antibacteriano.
  • Podemos usar tomiñó no lugar da salvia
  • a pasta consérvase perfectamente durante un mes







venres, 4 de outubro de 2013

COMO FACER XABRÓN E PASTA DE DENTES

AS NOSAS ACTIVIDADES EN CENTRO  COMERCIAL EN CORUÑA

Velaí o resumo dun dos 4 obradoiros que estamos a facer no centro comercial "Espacio Coruña", dentro das actividades que temos concertadas ao redor de educación ambiental e horta urbana.

Aprendimos a facer xabrón  e pasta de dentes. Explicamos os distintos tipos de xabrón que se poden facer, e como é unha actividade para nenos e adultos, fixemos un xabrón de glicerine e lavanda.

Tamén presentamos as distintas especies de plantas que se usan nas receitas, e os seus usos mediciñais.

Foi unha tarde entretida, na que nenos e adultos puideron participar conxuntamente; ata tivemos un bebé que se portou de marabilla.

Pasamos un rato agradábel, e dende aqui queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron, que colaboraron con moi boa gana e nos facilitaron moito o traballo.


ELABORACION DE XABRÓN DE LAVANDA


1 culleiriña de flor de lavanda
3 gotas de aceite escencial de lavanda
40 gr de glicerina
(estes 3 ingredientes, atopámolos en drogaría)
microondas ou 2 cazos para cocer ao baño maría
molde
culler
bol de cristal
morteiro
alcohol 60º ou 90º




 
 
  • (opcional) Machacamos as flores no morteiro
  • quentamos a glicerina no bol, pouco a pouco, para evitar que quenza en exceso (no microondas, poñemos pouto tempo e pouca temperatura)
  • removemos para compreobar que esta totalmente desfeito, e botamos as flores e o aceite escencial
  • removemos e botamos en molde. Se o molde é pouco flexíbel, botar aceite antes de botar o xabrón
  • inmediatamente, vaporizamos con alcohol para evitar que saian burbullas
  • deixamos enfriar, e despois deixamos na nevera. Após 5 horas, demoldamos. 



E pronto.... ELABORACIÓN DE PASTA DE DENTES!






 

















venres, 20 de setembro de 2013

Un exemplo do interese da análise de xestión

Exemplo 1: o que pensas que fas fronte ao que fas

Onte dimos charla de xestión a un grupo de futuros/as produtores/as, no curso de incorporación á actividade agraria. Sacamos un exemplo cos alumnos/as, que nos parece ilustrar ben un dos aspectos da xestión. Evidentemente, é un exemplo feito rápido no momento, sen datos exactos, pero permítenos entender por onde van os tiros.


Pregunta ao produtor:  canto penso comen as vacas?

Resposta: 11 kg

Pregunta.  si? seguro? e cantos litros dan?

Resposta: de media anual, 33 litros

Pregunta: E o penso, a que prezo?

Resposta: a 333€/Tm


Conclusión:
Para facer un litro de leite, gastas 11kg de penso. 11 kg/33 litros=0.333kg; para cada litro de leite, necesitas 0,333 kg de penso. Vale. Pero... De verdade comen 11 kg de penso? ou é a ración que fas co carro mesturador? e nuncas fas máis ou menos racións? nunca tes vacas secas?

Resposta: bueno, si, pero cambia pouco.

Pregunta: Vale, imos ver. Facendo xestión, imos calcular doutro xeito. Cantos litros entregas ao mes?

Resposta: 68.000

Pregunta: E cantos quilos de penso mercas ao mes?

Resposta: 24.000 kg.


Conclusión
Para facer un litro de leite, gastas en realidade:
24.000kg / 68.000litros=0.353kg de penso.  Isto non son 0.333, non ? Este dato que das, litros vendidos e concentrado comido, son datos reais, de verdade, que se poden comprobar. Namentres que os supostos 11 kg e supostos 33 litros de media, vete ti a saber!

Ben. E que? para que sirve isto?
O que pensas que gastas, son 0.333kg, namentres o que gastas de verdade son 0.352kg. E dicer, que gastas en realidade, para cada litro de de leite, 0,352-0.333= 0.019kg de penso máis do que pensas. 

Vale, e que? si esto non é nada.

Claro... 68.000 litros ao mes son 816.000 litros ao ano.

816.000 litros x 0.019 kg= 15504kg de penso que gastas máis do que pensas.

Traducido a cartos: 15504 kg x 0.333€/kg=      5162.83€


!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

A diferenza entre o que pensas que fas, e o que fas en realidade, son 5000€! que perdes, lóxicamente.

Feita a análise de xestión, xa decides tí o que fas: ou revisas os teus cálculos sobre a ración "teórica" metida no carro, e pensas que en realidade non fas unha ración con 11 kg, senón con 11.62kg; ou tes que comprobar se de verdade os animais te dan 33 litros; ou ben cambias o sistema de distribución, para traballar realmente con 11 kg, co cal deberías meter menos penso en cada carro.

Velaí para que sirve a xestión, entre outras cousas.

Grazas ao grupo de onte pola súa participación no curso e na elaboración do exemplo, que foi moi ilustrativo.!







 

 

martes, 17 de setembro de 2013

Convocamos un curso de horta ecolóxica pensado para profesionais




OBXECTIVOS
  • fomentar o coñecemento mutuo entre produtores/as galegos/as
  • dar ás novas explotacións ecolóxicas claves técnicas para unha produción rendíbel
  • formar ao alumnado en prácticas agronómicas, comerciais e de xestión acordes con unha produción orientada ao mercado, para ir máis alá do nivel da simple produción de horta familiar.


DESTINATARIOS
O curso vai dirixido fundamentalmente a produtores e produtoras de horta ecolóxica en activo, ou en proceso de iniciar a actividade.


DATAS E HORARIOS
Co fin de facilitar ao máximo a asistencia, o curso terá lugar entre os meses de novembro 2013 e xaneiro 2014, a razón dunha sesión por semana, con unha duración de 6 horas cada unha das 8 sesións, en horario de mañá e tarde (de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30).


CONTIDOS
Modelos de agricultura ecolóxica (2 horas): modelos de produción; de comercialización; internet
Lexislación (2 horas): normas de produción; etiquetado; tramitacións
Comercialización (2 horas): envases, etiquetaxe
Sementes e plantas (6 horas): mercado; produción e conservación de sementes; estudo por cultivo; produción de plantas; substratos
Abonado (8 horas): mercado; abono verde; materia orgánica; análises de solo e interpretación; perfil de solo; fertilidade; compostaxe
Malezas (4 horas): teoría; control mecánico; outras técnicas
Infraestrutura ecolóxica (6 horas): teoría; biodiversidade; control de pragas e enfermidades; sebes e illas ecolóxicas; estanques; niños e refuxios; fauna útil
Estudo por cultivo (11 horas): sementar, plantar; operacións de cultivo; control de pragas e enfermidades; calidade, recolección; conservación
Asociacións e rotacións (1 hora): teoría e práctica
Traballo (2 horas): maquinaria para traballo en horta ecolóxica
Economía (4 horas): plan de empresa; xestión técnico-económica



CUSTO, INSCRICIÓN
A asistencia require de inscrición previa, e as prazas son limitadas. A inscrición á totalidade do curso é de 250€. E posíbel tamén asistir á cada xornada por separado, con un custo de 35€ cada unha.

martes, 13 de agosto de 2013

Monomuxidora

 A MONOMUXIDURA COMO ALTERNATIVA FRONTE AO AUMENTO DE CUSTOS DA PRODUCION INTENSIVA


Dixestes "monomuxidura"? E unha estratexia oposta a mercar robot ou a muxir 3 e 4 veces ao día: consiste en muxir só unha vez ao día. A organización do traballo na explotación cambia radicalmente, con sistemas que, ben levados, non teñen por que significar perda de rendibilidade.


 INTERESE:

  • Redución dos custos de produción
    • ligados ao muxido (luz, traballo...)
    • ligados  á produción (alimentación, sanidade...)
  • Redución do traballo (do 15 ao 20%)
  • Reorganización do traballo, novos horarios, maior flexibilidade
  • Mellor aproveitamento do pastoreo (distancias)
  • Suben as calidades (0.28 puntos en graxa, 0.15 en proteina)

 

MODALIDADES:

  • Todo o rabaño muxido unha única vez ao día
  • Todo o rabaño muxido unha única vez ao día nun momento do ano
  • Todo o rabaño muxido unha única vez o día, un día a semán
  • Parte das vacas muxidas unha soa vez

A modalidade elexida depende de:
  • Raza
  • Se hai agrupamento de partos ou non
  • Obxectivos xerais polo que se implanta (fundamentalmente: organización do traballo)

 


RENDIBILIDADE:

Pérdese un 25% da produción por animal en volume líquido; en sólidos (ou leite ao 4%), a perda é menor. A perda económica por redución de litros vendidos compensase por
  • un aumento das cabezas onde existan condicións para iso (base territorial, construccións...)
  • mellor, polo cambio correspondente na ración e o mellor aproveitamento en pasto, no seu caso.

O QUE NON SE DEBE FACER:

Pasar de dous muxidos a un, con vacas frisonas, dun día para outro, todo o ano, o que nos levaría a:
  • perda de máis de 25% da produtividade
  • secado temprano de animais
  • forte incidencia de mamites e reconto celular


O QUE SE DEBE FACER:

  • Pensar que modalidade é a que se adecúa ás nosas condicións e organización do traballo
  • Comprobar adecuación da raza á modalidade que elixamos
  • Planea-la transición
  • Revisar a ración


PARA MÁIS INFORMACIÓN:

contacta con nós!
 

 









xoves, 1 de agosto de 2013

Que mercas, auga ou carne?

OS PRODUTOS "ECOLÓXICOS SON CAROS"

 ...ou iso dicen

 

Pero ti, que mercas? Mercas auga a prezo de carne, que é o que venden cando crían os animais en cebadeiros intensivo? Mirade esta foto: o filete quedouse na metade, e a tixola esta cheia de líquido e graxa fundida.



 Comparade con carne criada en sistema extensivo ou en ecolóxico: tixola seca





Un argumento, pois, a favor da produción ecolóxica e dos sistemas extensivos: o que pagas é o produto; pola contra, cando mercas un tomate ou carne convencional intensiva, pagas auga a prezo de alimento.

luns, 29 de xullo de 2013

Circulación de animais polas estradas

Xa sodes varias persoas a perguntar polas normas a respetar cando se levan os animais a pastar. Aquí vos vai.



  • só se debe facer se non hai outra posibilidade, e se debe elixir as estradas de menor tráfico
  • deben ir custodiados por unha persoa maior de 18, polo menos.+
  • Esta persoa debe dominar os animais en todo momento.
  • na estrada:
    • non invadir a zona peonil
    • circular pola dereita
    • non deben invadir máis da metade do carril dereito
    • deben facilitar o máximo posíbel o paso dos coches
    • se fai falta para isto dividir o rabaño en distintos lotes, cada un debe ir con unha persoa
    • levar luces se é de noite ou con pouca visibilidade

Dito doutro xeito:  non hai ningunha norma que obrigue a que vaia máis dunha persoa, pero como hai que ter o rabaño controlado sempre...

Na maioría das vías que empregamos, que son estreitas, é evidente que non é posíbel cumprir esta normativa.

Pero polo menos, xa sabedes o que, en teoría, hai que facer...





 Foto:  http://bit.ly/1bAR1O2



(normas escollidas da regulamentación de tráfico, circulación e seguridade vial, capítulo VI, artigos 126 a 128)