xoves, 14 de marzo de 2013

Curso novo método de racionamento

Organizamos un curso de formación de alto nivel para a aplicación dun método novo e revolucionario para a valoración das racións dos animais. Dous días intensísimos de traballo co veterinario inventor do método OBSALIM, que iremos desenvolvendo nas explotacións nos próximos meses. Contamos coa presenza de veterinarios de Andalucía e Castela, alén dos do país, agrónomos, e o profesor importado de  Francia.


Observando a eficacia dunha fibra para a rumia:













 Medindo o exceso de fibra nas bostas ou, o que é o mesmo, a cantidade de leite que perdimos por non ter unha ración debidamente equilibrada no rumen.


















Posta en común cos gandeiros e gandeiras para a procura, conxuntamente, de solucións para mellorar a alimentación do gando e sacar máis cartos da explotación.




Medición do residuo de fibra na bosta



 Observación, entre outros indicadores, do cor da pel entre ubre e pata



Primeira observación do rabaño.














xoves, 7 de marzo de 2013

Viaxe de estudo no país vasco. 3ª xornada





Arrincando pola mañá, houbo sorte, non choveu en toda a viaxe!












Comezos do día: compra de queixo artesán


 

  
 
Seguimos coa visita a unha explotación de 55 vacas en muxido, frisonas. Venda de 600 litros diarios en venda directa: leite en bolsas e distribuidores automáticos. O resto da produción véndese á central. Un proxecto moi coidado, con tres persoas traballando







 
 
 
O robot de limpeza, é polo detalle de ve-lo corretear por alí!




 Pola tarde, algúns quilómetros máis para ver a Joseba, que está só na súa explotación. 17 vacas flevieck, moi pouco terreo, e toda a produción en venda directa: leite en varios formatos. Para evitar tirar leite non vendido á fosa de xurro (que a crise esta pasando factura no consumo), empezou a facer queixo fresco tipo Burgos.

 


 Unha bao viaxe, algo paliza, porque chegamos tarde. Cansados, pero contentos.













martes, 5 de marzo de 2013

Viaxe de estudo no País Vasco: produción de leite ecolóxico


Hoxe, longo día de traballo/descanso, segundo se mire...

















Pequeno percorrido para ver paisaxes, até achegarnos a ve-lo mar, mesmo se foi dende lonxe.









Primeira visita en explotación con... 9 vacas de leite, que vende leite, carne, algo de horta, iogurte, todo en venda directa. Instalacións novas, moi cómodas. Un enxeñeiro agrónomo que volveu ao caserío dos seus pais, e que saca o seu soldo de alí.






 Un pouco de descanso...









Segunda visita en explotación de 22 vacas de leite, con venda directa de leite pasterizado e iogurtes.