mércores, 26 de xuño de 2013

Xuntanza anual de análise de xestión de explotacións de leite

 


O pasado mes de marzo, celebramos a nosa xuntanza anual de análise de xestión, onde estudamos, comentamos e discutimos os resultados económicos das explotacións de leite que traballan con nós.







Mediante un estudo detallado, tentamos identificar onde cada explotación esta sacando beneficios, e onde podería mellorar. Todo isto, facémolo en base á comparación entre todos, como método moi práctico de coñecer cal é a situación real.





Este ano, parámonos un pouco máis coa cuestión dos custos de produción forraxeira, que son extremadamente variábeis entre explotacións. Isto nos mostra que temos marxe para ir aforrando cartos neste posto. De alí xurdeu a idea de facer un ensaio con abonos de liberación lenta, outro sobre pradeiras de longa duración, e outro sobre cultivos alternativos ao millo (ver fotos). Seguiremos informando sobre estes ensaios...

Publicaremos en breve algún dos resultados destes traballos, que iremos publicando no blogue. 



xoves, 20 de xuño de 2013

Campo de ensaio de pradeiras de longa duración

Primeira visita ao campo de ensaio: maio 2013


Que buscamos?

  • mesturas que aguanten polo menos 5 anos
  • mesturas que resisitan o mellor posíbel á seca de verán
  • mesturas tardías, que espiguen tarde
  • para uso mixto de sega e/ou pastoreo
  • evidentemente, que produzan o máis posíbel


                                                                     Intercambio de opinións fronte a unha
                                                                   das parcelas: un xeito de aprender e  
                                                        mellorar as nosas explotacións

Onde o facemos?         

  • 3 explotacións de Lugo, en ambientes distintos

 

Cómo o facemos?

  • en condicións ecolóxicas e convencionais
  • implantando 18 mesturas distintas, de distintas casas comerciais
  • co manexo propio do productor/produtora

Que faremos?

  • Observar, observar e observar
  • varias veces ao ano, durante polo menos 4 anos, iremos visitar as parcelas, para ver como se comportan
  • na medida do posíbel, tentamos medir produtividades
  • tentamos sacar unhas valoración medias entre os gandeiros e gandeiras presente