martes, 13 de agosto de 2013

Monomuxidora

 A MONOMUXIDURA COMO ALTERNATIVA FRONTE AO AUMENTO DE CUSTOS DA PRODUCION INTENSIVA


Dixestes "monomuxidura"? E unha estratexia oposta a mercar robot ou a muxir 3 e 4 veces ao día: consiste en muxir só unha vez ao día. A organización do traballo na explotación cambia radicalmente, con sistemas que, ben levados, non teñen por que significar perda de rendibilidade.


 INTERESE:

  • Redución dos custos de produción
    • ligados ao muxido (luz, traballo...)
    • ligados  á produción (alimentación, sanidade...)
  • Redución do traballo (do 15 ao 20%)
  • Reorganización do traballo, novos horarios, maior flexibilidade
  • Mellor aproveitamento do pastoreo (distancias)
  • Suben as calidades (0.28 puntos en graxa, 0.15 en proteina)

 

MODALIDADES:

  • Todo o rabaño muxido unha única vez ao día
  • Todo o rabaño muxido unha única vez ao día nun momento do ano
  • Todo o rabaño muxido unha única vez o día, un día a semán
  • Parte das vacas muxidas unha soa vez

A modalidade elexida depende de:
  • Raza
  • Se hai agrupamento de partos ou non
  • Obxectivos xerais polo que se implanta (fundamentalmente: organización do traballo)

 


RENDIBILIDADE:

Pérdese un 25% da produción por animal en volume líquido; en sólidos (ou leite ao 4%), a perda é menor. A perda económica por redución de litros vendidos compensase por
  • un aumento das cabezas onde existan condicións para iso (base territorial, construccións...)
  • mellor, polo cambio correspondente na ración e o mellor aproveitamento en pasto, no seu caso.

O QUE NON SE DEBE FACER:

Pasar de dous muxidos a un, con vacas frisonas, dun día para outro, todo o ano, o que nos levaría a:
  • perda de máis de 25% da produtividade
  • secado temprano de animais
  • forte incidencia de mamites e reconto celular


O QUE SE DEBE FACER:

  • Pensar que modalidade é a que se adecúa ás nosas condicións e organización do traballo
  • Comprobar adecuación da raza á modalidade que elixamos
  • Planea-la transición
  • Revisar a ración


PARA MÁIS INFORMACIÓN:

contacta con nós!
 

 









xoves, 1 de agosto de 2013

Que mercas, auga ou carne?

OS PRODUTOS "ECOLÓXICOS SON CAROS"

 ...ou iso dicen

 

Pero ti, que mercas? Mercas auga a prezo de carne, que é o que venden cando crían os animais en cebadeiros intensivo? Mirade esta foto: o filete quedouse na metade, e a tixola esta cheia de líquido e graxa fundida.



 Comparade con carne criada en sistema extensivo ou en ecolóxico: tixola seca





Un argumento, pois, a favor da produción ecolóxica e dos sistemas extensivos: o que pagas é o produto; pola contra, cando mercas un tomate ou carne convencional intensiva, pagas auga a prezo de alimento.