venres, 20 de setembro de 2013

Un exemplo do interese da análise de xestión

Exemplo 1: o que pensas que fas fronte ao que fas

Onte dimos charla de xestión a un grupo de futuros/as produtores/as, no curso de incorporación á actividade agraria. Sacamos un exemplo cos alumnos/as, que nos parece ilustrar ben un dos aspectos da xestión. Evidentemente, é un exemplo feito rápido no momento, sen datos exactos, pero permítenos entender por onde van os tiros.


Pregunta ao produtor:  canto penso comen as vacas?

Resposta: 11 kg

Pregunta.  si? seguro? e cantos litros dan?

Resposta: de media anual, 33 litros

Pregunta: E o penso, a que prezo?

Resposta: a 333€/Tm


Conclusión:
Para facer un litro de leite, gastas 11kg de penso. 11 kg/33 litros=0.333kg; para cada litro de leite, necesitas 0,333 kg de penso. Vale. Pero... De verdade comen 11 kg de penso? ou é a ración que fas co carro mesturador? e nuncas fas máis ou menos racións? nunca tes vacas secas?

Resposta: bueno, si, pero cambia pouco.

Pregunta: Vale, imos ver. Facendo xestión, imos calcular doutro xeito. Cantos litros entregas ao mes?

Resposta: 68.000

Pregunta: E cantos quilos de penso mercas ao mes?

Resposta: 24.000 kg.


Conclusión
Para facer un litro de leite, gastas en realidade:
24.000kg / 68.000litros=0.353kg de penso.  Isto non son 0.333, non ? Este dato que das, litros vendidos e concentrado comido, son datos reais, de verdade, que se poden comprobar. Namentres que os supostos 11 kg e supostos 33 litros de media, vete ti a saber!

Ben. E que? para que sirve isto?
O que pensas que gastas, son 0.333kg, namentres o que gastas de verdade son 0.352kg. E dicer, que gastas en realidade, para cada litro de de leite, 0,352-0.333= 0.019kg de penso máis do que pensas. 

Vale, e que? si esto non é nada.

Claro... 68.000 litros ao mes son 816.000 litros ao ano.

816.000 litros x 0.019 kg= 15504kg de penso que gastas máis do que pensas.

Traducido a cartos: 15504 kg x 0.333€/kg=      5162.83€


!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

A diferenza entre o que pensas que fas, e o que fas en realidade, son 5000€! que perdes, lóxicamente.

Feita a análise de xestión, xa decides tí o que fas: ou revisas os teus cálculos sobre a ración "teórica" metida no carro, e pensas que en realidade non fas unha ración con 11 kg, senón con 11.62kg; ou tes que comprobar se de verdade os animais te dan 33 litros; ou ben cambias o sistema de distribución, para traballar realmente con 11 kg, co cal deberías meter menos penso en cada carro.

Velaí para que sirve a xestión, entre outras cousas.

Grazas ao grupo de onte pola súa participación no curso e na elaboración do exemplo, que foi moi ilustrativo.!







 

 

martes, 17 de setembro de 2013

Convocamos un curso de horta ecolóxica pensado para profesionais




OBXECTIVOS
  • fomentar o coñecemento mutuo entre produtores/as galegos/as
  • dar ás novas explotacións ecolóxicas claves técnicas para unha produción rendíbel
  • formar ao alumnado en prácticas agronómicas, comerciais e de xestión acordes con unha produción orientada ao mercado, para ir máis alá do nivel da simple produción de horta familiar.


DESTINATARIOS
O curso vai dirixido fundamentalmente a produtores e produtoras de horta ecolóxica en activo, ou en proceso de iniciar a actividade.


DATAS E HORARIOS
Co fin de facilitar ao máximo a asistencia, o curso terá lugar entre os meses de novembro 2013 e xaneiro 2014, a razón dunha sesión por semana, con unha duración de 6 horas cada unha das 8 sesións, en horario de mañá e tarde (de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30).


CONTIDOS
Modelos de agricultura ecolóxica (2 horas): modelos de produción; de comercialización; internet
Lexislación (2 horas): normas de produción; etiquetado; tramitacións
Comercialización (2 horas): envases, etiquetaxe
Sementes e plantas (6 horas): mercado; produción e conservación de sementes; estudo por cultivo; produción de plantas; substratos
Abonado (8 horas): mercado; abono verde; materia orgánica; análises de solo e interpretación; perfil de solo; fertilidade; compostaxe
Malezas (4 horas): teoría; control mecánico; outras técnicas
Infraestrutura ecolóxica (6 horas): teoría; biodiversidade; control de pragas e enfermidades; sebes e illas ecolóxicas; estanques; niños e refuxios; fauna útil
Estudo por cultivo (11 horas): sementar, plantar; operacións de cultivo; control de pragas e enfermidades; calidade, recolección; conservación
Asociacións e rotacións (1 hora): teoría e práctica
Traballo (2 horas): maquinaria para traballo en horta ecolóxica
Economía (4 horas): plan de empresa; xestión técnico-económica



CUSTO, INSCRICIÓN
A asistencia require de inscrición previa, e as prazas son limitadas. A inscrición á totalidade do curso é de 250€. E posíbel tamén asistir á cada xornada por separado, con un custo de 35€ cada unha.