xoves, 18 de decembro de 2014

Consecuencias do rexeitamento do PDR Galego pola UE para as explotacións














 

O rexeitamento do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia vai ter moitas consecuencias nas explotacións: produción ecolóxica, aconsellamento, proxectos AGADER, GDRs, etc etc...



Informacións publicadas recentemente revelaron que o Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) non gustou en absoluto en Europa; tanto que formulou a menudencia de... 400 perguntas a contestar e modificacións a realizar !

O artigo publicado desvirtúa certamente o contido real do rexeitamento de Bruxelas. Non todo é cuestión de política forestal! Evidentemente, insistir sobre este extremo non é imparcial, e permite ao xornal criticar a actuación da Consellería do Medio Rural, favorecendo á vez os intereses forestais aos que a mesma Consellería está dando moita, moita cancha, en detrimento de agricultura e gandería. Critico, pero non moito, non vaia ser que me retiren os millóns de subvencións anuais directas que cobra o citado xornal...

Pero, imos ao importante:

A negativa de Bruxelas vai supor un inmenso retraso nas medidas de desenvolvemento rural!

O PDR é o que define todas as liñas de financiamento e actuación que teñen que ver con desenvolvemento rural.

Ao formular esas 400 observacións, proceso nada habitual, a UE obriga á Consellería a contesta-las. E xa sabemos como son de rápidos os procesos administrativos! E despois, aínda a UE terá que avaliar de novo o PDR así corrixido.

E posíbel que haxa que iniciar un proceso algo participativo, polo menos para dar impresión de cumprir, o que asegura un proceso aínda máis lento!


As estimacións dan un retraso ao redor de 6 meses mínimo...

en concreto:

  • E moi probabel que non se podan solicitar cando a PAC as axudas para a nova fórmula de CES, para a produción ecolóxica. A convocatoria, si é que sae no 2015, sairá probabelmente máis ben no 3º trimestre. (si é que se convoca...)
  • O mesmo vai pasar co aconsellamento, que se empeñan en sacar de xeito totalmente caótico.
  • O mesmo para GDRs, AGADER, etc... etc...
Preparémonos, pois, a non podermos recibir esas axudas tan importantes para o desenvolvemento rural atá o 2016...

Velaí como se coida o noso medio rural e se asegura rendibilidade das actividades económicas agrarias. Seica é máis importante o automóbil e o turismo... Sen máis comentario.
















Contaminación e alimentos ecolóxicos





As xornadas sobre alimentación ecolóxica tiveron pouca asistencia, unha mágoa! Pero para algo serviron:

Ligazóns a entrevistas de

María Dolores Raigón (min. 32:43), Presidenta da SEAE
Carlos de Prada (min 23:18), Director do FODESAM







xoves, 11 de decembro de 2014

Os pesticidas: son seguros?


Santiago. 12 de decembro. Museo do pobo.

Esta charla será impartida por Xan Pouliquen, enxeñeiro agrónomo e agroecólogo. Xan Pouliquen ten unha larga traxectoria na promoción da produción ecolóxica, e un importante coñecemento dos conflitos ecolóxicos, económicos e sociais xerados polos uso dos pesticidas.

A ponencia presentará o que son os pesticidas, para que sirven, como se usan, e o seu impacto sobre o ambiente. Presentará os efectos dos pesticidas sobre a saúde, e detallará os procesos de homologación, para valorar en que medida o control que se exerce sobre eles é máis ou menos serio.

Descargar




mércores, 10 de decembro de 2014

La contaminación ambiental: esa epidemia desconocida



Sábado 13, 16:00, museo do pobo, Santiago de compostela

Conferencia sobre os contaminantes químicos no noso entorno, e a súa incidencia na nosa saúde.


Impárte-a Carlos de Prada, fundador do FODESAM, Fondo para el Desarrollo de la Salud Ambiental. Carlos de Prada ten nas súas costas máis de 20 anos de experiencia como xornalista ambiental. Apaixoado da natureza, e da súa defensa.

A idea de invita-lo a estas xornadas saiú do seu libro "la epidemia química", unha obra básica para achegarnos ao que está pasando na Terra, que seica intuímos, pero posibelmente non na dimensión que lle dá ese libro. Con grande profusión de referencias, o libro é unha fonte moi ampla de información, argumentos, e datos, que nos ensina que se esconde detrás dos produtos químicos, i en que proceso de degradación da saúde e do medio ambiente nos estan a meter as empresas químicas e os seus aliados.

Sen dúbida, unha conferencia de moito calado.








venres, 5 de decembro de 2014

Propiedades dos alimentos ecolóxicos


Descargar 






A primeira conferencia das xornadas sobre alimentación ecolóxica, vaina dar Maria Dolores Raigón Jiménez, Presidenta da Sociedad Española de Agricultura Ecológica.

Existe certa polémica e torno aos alimentos ecolóxicos: son máis sano, non son máis sanos? Evidentemente, os sectores agroalimentarios multinacionais tenden a negar as diferenzas entre alimento ecolóxico e convencional, aportando profusión de estudos que apoien esta tese, e negando a existencia de estudos científicos rigurosos que mostran o contrario.

Catedrática de Escola Universitaria da Universidad Politécnica de Valencia, Doutora Enxeñeira Agrónoma, e experta en agricultura ecolóxica, Maria Dolores Raigón Jiménez leva máis de 15 anos traballando sobre calidade de alimentos e saúde. Nos últimos anos traballa no estudo da relación entre modo de produción (convencional-ecolóxico) e a concentración de determinados principios nutritivos dos productos hortofrutícolas.

E, pois, persoa moi coñecedora das cualidades dos alimentos ecolóxicos. Esta claro que a súa conferencia promete darnos moita información sobre ese debate.

María Dolores Raigón Jiménez ten sido distinguida con importantes premios: Premio Víctor Moreno Márquez, Premios sobre estudios de agroentorno pola Fundación Bancaixa, premio Andrés Núñez de Prado, Premio a la defensa del Medio Ambiente, da Fundación Social Universal...







venres, 3 de outubro de 2014

REGULACIÓN-PROHIBICIÓN DA VENDA DIRECTA NA GALIZA


Neste post, presentamos brevemente os puntos importantes do decreto 125/2014 da Xunta de Galicia, que regula a venda directa de produtos do campo.

EMPEZA A APLICARSE O 20 DE OUTUBRO


Que regula?

Venda directa, na Galiza, de:

  • mel, pole, própole, xalea real
  • ovos
  • froitas e froitos silvestres
  • legumes e hortas
  • cogomelos
  • cereais

Para venda directa onde?

  • Na casa
  • En mercados e feiras
  • En tendas minoristas, que vendan directamente ao consumo final, agás os ovos.

Requisitos

  • Ser explotación agraria (inscrita no Rexistro REGA): o decreto, realmente, esta a prohibir expresamente a venda directa para quen non estea rexistrado como explotación agraria.
  • Inscribirse nun rexistro especial de venda directa (SEVEDI)
  • Ter un rexistro de vendas (que vendes, onde, cando, a que tenda)
  • Só os produtos que produce a explotación
  • Só poden vender familiares directos ou persoal da explotación

Volumes máximos

Non se pode vender máis cantidades cas indicadas na táboa:



Produto Unidade Cantidade
Mel Kg 3.000
Pole kg 450
Própole kg 30
Xalea real kg 10
Ovos ducias 1.000
Amorodo kg exterior 5.000
kg invernadoiro 10.000
Kiwi kg 13.000
Outras froitas kg 20.000
Hortas kg exterior 20.000
kg invernadoiro 40.000
Legumes kg exterior 10.000
kg invernadoiro 24.000
Pataca kg 20.000
Cogomelos kg exterior 500
kg invernadoiro 2.500
cereais kg 5.000


Presentación dos produtos

Nada especial se vendes na casa, etiquetaxe se vendes no mercado ou en tenda. A etiqueta debe seguir normativa, entre outros: nome, enderezo e rexistro REGA. Se é venda á tenda (granel, caixa), podería bastar esta indicación na factura/albarán; se o produto vai envasado, debe haber etiqueta.

Que hai que facer?

Se a produción non esta dada de alta como explotación agraria, entendemos que o que fai o decreto é prohibir totalmente a venda. Que cada un/ha decida o que queira/poda facer...

Se a explotación esta inscrita no REGA, só hai que cubrir un impreso. No momento de entrega-lo, xa podes -legalmente- vender deste xeito.


Descargar o decreto

martes, 23 de setembro de 2014

Patacas resistentes ao mildeu!



Facendo ensaios...

Se non sabes, mellor é probar antes ca preguntar?
Con esta idea, montamos un ensaio, para ir probando varias variedades de patacas, probando a súa resistencia aos ataques da mera, ou mildeu, ou mancha, ou néboa, como o queirades chamar.

O ensaio

O ensaio planeouse de xeito conxunto con Millo e landras, que nos prestaron o sitio, plantaron, coidaron, apuntaron, recolleron... Ou sexa, unha colaboración inestimábel, nun proceso onde técnicos (nós) e produtores (eles) entendemos que podemos mellorar moito a produción se traballamos xuntos i en pe de igualdade. Probamos 8 variedades distintas, dispoñíbeis en produción ecolóxica, que selecionamos segundo resitencia á mera, dacordo coa información comercial e científica recopilada anteriormente. As patacas non recibiron tratamento ningún, nin cobre, nin cola de cabalo, nada.

Resultado: unha barbaridade! 


Aquí tedes o número de patacas de cada variedade na parcela elemental de ensaio. A 5 destaca e moito, i é normal: non foi tocada en absoluto pola enfermidade. Velaí unha variedade resistente á mera!



Variedade nº patacas



3 48 a


7 64 a


8 76 a b

1 79 a b

6 80 a b

4 104
b c
2 126

c
5 165


d
 NOTA: letras iguais corresponden a medias iguais (0,05% confianza)

 Como se nota que algunha variedade esta
totalmente impecábel, namentres outras
estan xa todo queimadas pola mera!


E aquí, os quilos de pataca producida en cada parcela elemental. E dicir: nunha mesma parcela, sen facer nada, simplemente por usarmos unha variedade u outra, recollemos 1,5 kg de pataca para vender, ou recollemos 14 kg! Outra volta destaca a variedade 5, xunto coas 2, 4, i, en menor medida, a 8, a Kennebec.



variedade Peso vendíbel





7 1,508 a




3 2,178 a




6 4,480
b



1 6,013
b c


8 6,487
b c d

4 7,280


d

2 8,400


d

5 14,492



e
NOTA: letras iguais corresponden a medias iguais (0,05% confianza)


EN CONCLUSIÓN

Entre os métodos de loita contra das enfermidades en ecolóxico, sempre pensamos en caldo bordelés, en cola de cabalo. Pero é que as variedades tamén teñen distintas sensibilidades. O cultivo ecolóxico de variedades de pataca resistentes á mera, na Galiza, ten moito futuro!



Esta é a variedade 5 en cuestión, totalmente resistente ao mildeu.
Aínda non dispoñíbel no mercado. Pronto?


No inverno, faremos unha comparación da conservación,
e análise de calidades organolépticas.
Informaremos...

martes, 24 de xuño de 2014

AXUDAS A PRODUCION ECOLOXICA E AGROAMBIENTAIS


BREVE COMENTARIO SOBRE O BORRADOR DE PLAN DE DESENVOLVEMENTO RURAL GALEGO, DOCUMENTO QUE REGULARA TODO ISTO.

XERALIDADES:

Vaise manter básicamente o mesmo razoamento que até a data: compromisos a 5 anos, pagamentos por superficie, imposibilidade de subir superficie comprometida, necesidade de entidade de aconsellamento.

PRODUCION ECOLÓXICA

Agricultura:


  • as cantidades seguen a ser ridículas para explotacións de horta, non van a beneficiarse destas medidas (575€/ha de invernadoiro..., 420 en aire libre...)
  • froitas e castaño: interesante para eles: 345 e 155€/ha, respectivamente
  • viño, grande beneficiario:  790€/Ha

Gandería:

As contías suben. Pero... fan-se incompatíbel con outras medidas. O resultado final é que en gandería as contías baixan respecto dos anos anteriores: 345€/ha en reconversión, 300 despois. (antes, case era perto de 400).
Hai cambios tamén respecto de que terras entran e cales non (queda fóra o monte en man común!)
Só se poden completar con axudas a razas autóctonas.

 OUTRAS MEDIDAS AGROAMBIENTAIS E OUTRAS:

Indemnización Compensatoria (montaña e outras, o que se chamaba zonas desfavorecidas)
Apicultura
Razas autóctonas
Produción integrada (só patacas, viño, kiwi... produción certificada)
Rede Natura
Mantemento sostíbel de pastos:
     - xestión sostíbel de pastos: ven sendo pastoreo, seica máis tirando para
       vacas de carne: 130€/ha
     - Extensificación da produción de leite: para pastoreo 180€/Ha

CONCLUSIÓN:

  • sistema moi semellante aos anos anteriores, menos esixente
  • algunhas medidas desaparecidas
  • aumenta incompatibilidade
  • redución global de contías
Hai que ir preparandose para solicitude a facer no 2015. Por temas de prepararse, carga gandeira e inscricións en CRAEGA:

  • quen queira pasar a leite ecolóxico debería pensa-lo XA
  • quen queira acollerse ás medidas de pasto, tamén, pensa-lo XA

Seguiremos informando...



 









martes, 3 de xuño de 2014

REGULACION DE USO DE PESTICIDAS


 

Uso "sostíbel" dos produtos fitosanitarios :-)? 

A UE publico no 2009 regulamento con este título, un tanto divertido/ignominioso/lamentábel, segundo se mire. A cuestión, en defintiva, é tentar asegurar, polo menos no papel, que os produtos químicos que se empregan en produción convencional teñan un impacto ambiental menos grave ca hoxe. Decimos "convencional", pero os/as produtores/as que sulfatedes con produtos fitosanitarios, aínda sendo autorizados/as (cobre, neem...), tamén estades sobmetidos/as a esta regulación.

Deixemos de protestar tanto, pois: algo é algo. Polo menos, se pretende que os produtos se usen con algo menos de impacto




 

Que vai significar para a produción?

Neste post, só imos centrarnos no que acaba de saír hoxe no DOGA, só con un retraso de 5 anos respecto do que manda a UE, aquí sempre tan rápidos... Conforme vaia progresando a cuestión, iremos comentando o que nos agarda con esta lexislación.

Básicamente, a regulamentación fixa que os apeiros de tratamentos han ter que ir rexistrados, e que haberá que pasarlles unha ITV.

Así que, atentas, as persoas que tedes sulfatadoras (máis de 100 litros), ides ter que rexistrar esa maquinaria e pasarlle revisión, coa correspondente taxa.

As persoas que teñeno servizo de aconsellamento conosco, xa vos avisaremos de cómo irá esta cuestión no futuro.


Aquí vai deixamos o enlace ao DOGA