martes, 15 de abril de 2014

CULTIVOS ENERXETICOS CONTRA GANDERÍA? UN EXEMPLO


 A semán pasada estivemos de xuntanza coa asociación europea de gandeiros de leite (European Dairy Farmers- EDF). Dende Xestión Agrogandeira e Natureza, levamos o sub-programa EDF de todo o estado.

Tivemos nesa xuntanza un interesante debate sobre algunha incoherencia do sistema alimentario.

En breve: porque din que o xurro contamina?

O xurro é un abono moi interesante para as ganderías, e de usarse ben permite ir pechando os ciclos de nutrientes, mercar menos abonos químicos. Ou sexa, que permite facer unha produción menos intensiva, e menos daniña para o medio ambiente.

Pero claro, iso vale só se non temos demasiadas vacas para o terreo que temos, é dicer, se a nosa gandería non é intensiva demais. Se superamos un certo número de animais por superficie (digamos, o equivalente a duas vacas por cada hectárea de terreo), entón producimos máis xurro do que pode comer a terra, e estaríamos contaminando o terreo con nitratos. Neste caso, a gandería pasa a ser produtora dun residuo, o xurro. Ou sexa: algo bon en determinadas condicións de uso, pasa a ser malo en outras condicións.

Que facer co residuo "xurro"?

Se tes máis xurro co debido, entón na maioría dos sitios (agás Galicia, de momento...), entón tes que considera-lo como residuo, e tratarlo en consecuencia. Básicamente, hai dúas vías:

  • desfas-te del, mandándo-o en terras dos veciños que o queiran (se eles xa non estan pasados...)
  • mánda-o transformar en compost e biogás, nunha planta de tratamento, que mesmo podes ter tí na explotación.

Porque falamos diso nunha xuntanza de análise económica das ganderías?

Evidentemente, se se trata dun residuo, quen nolo recolle para transforma-lo fai-nos un favor... Polo que imos ter que pagar! Entre os distintos estados europeos presentes na xuntanza, falouse dun pago de uns 3€/Tm de xurro. As vacas producen, digamos, tres veces máis xurro ca leite. Entón, falamos dun custo de practicamente un céntimo de euro por litro de leite! Unha explotación media galega, de 300.000 litros de produción, tería que gastar 900€ para desfacerse do xurro.

E agora chega o gracioso...

Pero tamén a explotación pode facer biogás, é dicer, producir gas e compost en base ao xurro. No caso alemán (pero tamén vale para holanda, república checa e outros) a implantación das plantas de biogás esta subvencionada. E sacas cartos de vender compost e biogás.

 

Biodixestor para elaboración de biogás. Fonte:
https://encrypted-tbn1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcTgsoG0oq3YYbsfVmEQ3V5RP_g3nY6kUfE9kITjVjBPX929385D

O dixestor de biogás funciona con xurro, pero se non o hai, vai con plantas azucareiras, en especial o millo. E alí chega o divertido...

Os gandeiros alemáns piden a incorporación destes custos nas ferramentas de análise de gastos, porque queren saber se:
  • lles interesa máis usar o xurro para o biogás e mercar abono para as terras!
  • lles interesa máis producir o millo para as vacas ou para o biogás!
 Só nos  falta a época en que os mesmos gandeiros nos pregunten o que é máis rendíbel: producir leite ou producir xurro para biogás!