martes, 23 de setembro de 2014

Patacas resistentes ao mildeu!



Facendo ensaios...

Se non sabes, mellor é probar antes ca preguntar?
Con esta idea, montamos un ensaio, para ir probando varias variedades de patacas, probando a súa resistencia aos ataques da mera, ou mildeu, ou mancha, ou néboa, como o queirades chamar.

O ensaio

O ensaio planeouse de xeito conxunto con Millo e landras, que nos prestaron o sitio, plantaron, coidaron, apuntaron, recolleron... Ou sexa, unha colaboración inestimábel, nun proceso onde técnicos (nós) e produtores (eles) entendemos que podemos mellorar moito a produción se traballamos xuntos i en pe de igualdade. Probamos 8 variedades distintas, dispoñíbeis en produción ecolóxica, que selecionamos segundo resitencia á mera, dacordo coa información comercial e científica recopilada anteriormente. As patacas non recibiron tratamento ningún, nin cobre, nin cola de cabalo, nada.

Resultado: unha barbaridade! 


Aquí tedes o número de patacas de cada variedade na parcela elemental de ensaio. A 5 destaca e moito, i é normal: non foi tocada en absoluto pola enfermidade. Velaí unha variedade resistente á mera!



Variedade nº patacas



3 48 a


7 64 a


8 76 a b

1 79 a b

6 80 a b

4 104
b c
2 126

c
5 165


d
 NOTA: letras iguais corresponden a medias iguais (0,05% confianza)

 Como se nota que algunha variedade esta
totalmente impecábel, namentres outras
estan xa todo queimadas pola mera!


E aquí, os quilos de pataca producida en cada parcela elemental. E dicir: nunha mesma parcela, sen facer nada, simplemente por usarmos unha variedade u outra, recollemos 1,5 kg de pataca para vender, ou recollemos 14 kg! Outra volta destaca a variedade 5, xunto coas 2, 4, i, en menor medida, a 8, a Kennebec.



variedade Peso vendíbel





7 1,508 a




3 2,178 a




6 4,480
b



1 6,013
b c


8 6,487
b c d

4 7,280


d

2 8,400


d

5 14,492



e
NOTA: letras iguais corresponden a medias iguais (0,05% confianza)


EN CONCLUSIÓN

Entre os métodos de loita contra das enfermidades en ecolóxico, sempre pensamos en caldo bordelés, en cola de cabalo. Pero é que as variedades tamén teñen distintas sensibilidades. O cultivo ecolóxico de variedades de pataca resistentes á mera, na Galiza, ten moito futuro!



Esta é a variedade 5 en cuestión, totalmente resistente ao mildeu.
Aínda non dispoñíbel no mercado. Pronto?


No inverno, faremos unha comparación da conservación,
e análise de calidades organolépticas.
Informaremos...