venres, 3 de outubro de 2014

REGULACIÓN-PROHIBICIÓN DA VENDA DIRECTA NA GALIZA


Neste post, presentamos brevemente os puntos importantes do decreto 125/2014 da Xunta de Galicia, que regula a venda directa de produtos do campo.

EMPEZA A APLICARSE O 20 DE OUTUBRO


Que regula?

Venda directa, na Galiza, de:

  • mel, pole, própole, xalea real
  • ovos
  • froitas e froitos silvestres
  • legumes e hortas
  • cogomelos
  • cereais

Para venda directa onde?

  • Na casa
  • En mercados e feiras
  • En tendas minoristas, que vendan directamente ao consumo final, agás os ovos.

Requisitos

  • Ser explotación agraria (inscrita no Rexistro REGA): o decreto, realmente, esta a prohibir expresamente a venda directa para quen non estea rexistrado como explotación agraria.
  • Inscribirse nun rexistro especial de venda directa (SEVEDI)
  • Ter un rexistro de vendas (que vendes, onde, cando, a que tenda)
  • Só os produtos que produce a explotación
  • Só poden vender familiares directos ou persoal da explotación

Volumes máximos

Non se pode vender máis cantidades cas indicadas na táboa:



Produto Unidade Cantidade
Mel Kg 3.000
Pole kg 450
Própole kg 30
Xalea real kg 10
Ovos ducias 1.000
Amorodo kg exterior 5.000
kg invernadoiro 10.000
Kiwi kg 13.000
Outras froitas kg 20.000
Hortas kg exterior 20.000
kg invernadoiro 40.000
Legumes kg exterior 10.000
kg invernadoiro 24.000
Pataca kg 20.000
Cogomelos kg exterior 500
kg invernadoiro 2.500
cereais kg 5.000


Presentación dos produtos

Nada especial se vendes na casa, etiquetaxe se vendes no mercado ou en tenda. A etiqueta debe seguir normativa, entre outros: nome, enderezo e rexistro REGA. Se é venda á tenda (granel, caixa), podería bastar esta indicación na factura/albarán; se o produto vai envasado, debe haber etiqueta.

Que hai que facer?

Se a produción non esta dada de alta como explotación agraria, entendemos que o que fai o decreto é prohibir totalmente a venda. Que cada un/ha decida o que queira/poda facer...

Se a explotación esta inscrita no REGA, só hai que cubrir un impreso. No momento de entrega-lo, xa podes -legalmente- vender deste xeito.


Descargar o decreto