xoves, 18 de decembro de 2014

Consecuencias do rexeitamento do PDR Galego pola UE para as explotacións














 

O rexeitamento do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia vai ter moitas consecuencias nas explotacións: produción ecolóxica, aconsellamento, proxectos AGADER, GDRs, etc etc...



Informacións publicadas recentemente revelaron que o Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) non gustou en absoluto en Europa; tanto que formulou a menudencia de... 400 perguntas a contestar e modificacións a realizar !

O artigo publicado desvirtúa certamente o contido real do rexeitamento de Bruxelas. Non todo é cuestión de política forestal! Evidentemente, insistir sobre este extremo non é imparcial, e permite ao xornal criticar a actuación da Consellería do Medio Rural, favorecendo á vez os intereses forestais aos que a mesma Consellería está dando moita, moita cancha, en detrimento de agricultura e gandería. Critico, pero non moito, non vaia ser que me retiren os millóns de subvencións anuais directas que cobra o citado xornal...

Pero, imos ao importante:

A negativa de Bruxelas vai supor un inmenso retraso nas medidas de desenvolvemento rural!

O PDR é o que define todas as liñas de financiamento e actuación que teñen que ver con desenvolvemento rural.

Ao formular esas 400 observacións, proceso nada habitual, a UE obriga á Consellería a contesta-las. E xa sabemos como son de rápidos os procesos administrativos! E despois, aínda a UE terá que avaliar de novo o PDR así corrixido.

E posíbel que haxa que iniciar un proceso algo participativo, polo menos para dar impresión de cumprir, o que asegura un proceso aínda máis lento!


As estimacións dan un retraso ao redor de 6 meses mínimo...

en concreto:

  • E moi probabel que non se podan solicitar cando a PAC as axudas para a nova fórmula de CES, para a produción ecolóxica. A convocatoria, si é que sae no 2015, sairá probabelmente máis ben no 3º trimestre. (si é que se convoca...)
  • O mesmo vai pasar co aconsellamento, que se empeñan en sacar de xeito totalmente caótico.
  • O mesmo para GDRs, AGADER, etc... etc...
Preparémonos, pois, a non podermos recibir esas axudas tan importantes para o desenvolvemento rural atá o 2016...

Velaí como se coida o noso medio rural e se asegura rendibilidade das actividades económicas agrarias. Seica é máis importante o automóbil e o turismo... Sen máis comentario.
















Contaminación e alimentos ecolóxicos





As xornadas sobre alimentación ecolóxica tiveron pouca asistencia, unha mágoa! Pero para algo serviron:

Ligazóns a entrevistas de

María Dolores Raigón (min. 32:43), Presidenta da SEAE
Carlos de Prada (min 23:18), Director do FODESAM







xoves, 11 de decembro de 2014

Os pesticidas: son seguros?


Santiago. 12 de decembro. Museo do pobo.

Esta charla será impartida por Xan Pouliquen, enxeñeiro agrónomo e agroecólogo. Xan Pouliquen ten unha larga traxectoria na promoción da produción ecolóxica, e un importante coñecemento dos conflitos ecolóxicos, económicos e sociais xerados polos uso dos pesticidas.

A ponencia presentará o que son os pesticidas, para que sirven, como se usan, e o seu impacto sobre o ambiente. Presentará os efectos dos pesticidas sobre a saúde, e detallará os procesos de homologación, para valorar en que medida o control que se exerce sobre eles é máis ou menos serio.

Descargar




mércores, 10 de decembro de 2014

La contaminación ambiental: esa epidemia desconocida



Sábado 13, 16:00, museo do pobo, Santiago de compostela

Conferencia sobre os contaminantes químicos no noso entorno, e a súa incidencia na nosa saúde.


Impárte-a Carlos de Prada, fundador do FODESAM, Fondo para el Desarrollo de la Salud Ambiental. Carlos de Prada ten nas súas costas máis de 20 anos de experiencia como xornalista ambiental. Apaixoado da natureza, e da súa defensa.

A idea de invita-lo a estas xornadas saiú do seu libro "la epidemia química", unha obra básica para achegarnos ao que está pasando na Terra, que seica intuímos, pero posibelmente non na dimensión que lle dá ese libro. Con grande profusión de referencias, o libro é unha fonte moi ampla de información, argumentos, e datos, que nos ensina que se esconde detrás dos produtos químicos, i en que proceso de degradación da saúde e do medio ambiente nos estan a meter as empresas químicas e os seus aliados.

Sen dúbida, unha conferencia de moito calado.








venres, 5 de decembro de 2014

Propiedades dos alimentos ecolóxicos


Descargar 






A primeira conferencia das xornadas sobre alimentación ecolóxica, vaina dar Maria Dolores Raigón Jiménez, Presidenta da Sociedad Española de Agricultura Ecológica.

Existe certa polémica e torno aos alimentos ecolóxicos: son máis sano, non son máis sanos? Evidentemente, os sectores agroalimentarios multinacionais tenden a negar as diferenzas entre alimento ecolóxico e convencional, aportando profusión de estudos que apoien esta tese, e negando a existencia de estudos científicos rigurosos que mostran o contrario.

Catedrática de Escola Universitaria da Universidad Politécnica de Valencia, Doutora Enxeñeira Agrónoma, e experta en agricultura ecolóxica, Maria Dolores Raigón Jiménez leva máis de 15 anos traballando sobre calidade de alimentos e saúde. Nos últimos anos traballa no estudo da relación entre modo de produción (convencional-ecolóxico) e a concentración de determinados principios nutritivos dos productos hortofrutícolas.

E, pois, persoa moi coñecedora das cualidades dos alimentos ecolóxicos. Esta claro que a súa conferencia promete darnos moita información sobre ese debate.

María Dolores Raigón Jiménez ten sido distinguida con importantes premios: Premio Víctor Moreno Márquez, Premios sobre estudios de agroentorno pola Fundación Bancaixa, premio Andrés Núñez de Prado, Premio a la defensa del Medio Ambiente, da Fundación Social Universal...