venres, 30 de xaneiro de 2015

NOVIDADES PAC 2015




Aínda quedan flecos sobre a tramitación, polo que non imos darvos os detalles todos de como vai ser a tramitación e as opcións para este ano, pero sí dar algunhas pinceladas do máis relevante ata a data.



  • mediados de febreiro: deberíamos ter máis información
  • marzo: suponse que se abre a aplicación informática, polo que antes non cadra facer solicitude ningunha.
En todo caso, xa sabedes que iremos informando. A continuación, damo-vos información mínima sobre as agroambientais. Nunha entrega próxima, falaremos do greening.

Ao final, aínda que non estea o PDR aprobado, van-se convocar, esperando que non haxa grandes cambios solicitados dende Bruxelas. Ou sexa, que se soliciten, aínda que as condicións poderían ao mellor variar algo despois (non se agardarían modificacións de importancia).

As liñas de agroambientais han ser:
  1. Apicultura
  2. razas autóctonas
  3. Manexo sostible de pastos:
    • xestión sostible de pastos
    • extensificiación de vacún de leite
  4. produción integrada
  5. Agricultura ecolóxica
Cuestións básicas:
  • razas autóctonas é compatíbel con outras axudas, namentres AS OUTRAS NON: non se poden acumular, como nas convocatorias anteriores (ecolóxico+pasto, pex.)
  • Produción integrada refíreses á produción certificada como integrada (kiwi, viña, pataca...).
  • NON SE PERMITIRA AUMENTAR DEREITOS: O QUE SE PIDE AGORA SERÁ O QUE DURA OS 5 ANOS, NON SE PODERA MODIFICAR
  • só se premitirán parcelas do concello da explotación e concellos limítrofes, fican excluídas as parecelas máis afastadas
  • Sigue obrigando a contar con entidade de aconsellamento (é dicir, Xestión Agrogandeira e Natureza, vaia...)
  • Non se poden empregar lodos de depuradora
 

APICULTURA: 12€/colmea
  1. min. 100 colmeas . en 2 apiarios
  2. máx. 80 colmeas/apiario
  3. distancias dos apiarios 1 km

RAZAS AUTOCTONAS: 175€/UGM (non tes porque solicitar para todas as UGMs)
  1. >5 UGM
  2. 0,7-5 UGM/HA (bovino, cabrun , ovino e equino)
  3. manter UGM primables
  4. aumentar compromisos de 5 en 5 UGM (<5 non vale)

MANEXO SOSTIBLE DE PASTOS, SON 2 LIÑAS

cuestións comúns ás dúas
  1. mínimo 10 ha
  2. carga gandeira de 0,7-2 ugm/ha
  3. non implantar cultivos en superficies >10% de pendente agás para establecer pasteiros ou rexenerar pasto
  4. manter caderno co rexistro das actuacións en pastoreo
LIÑA "XESTION SOSTIBLE DOS PASTOS" (tipo carne): 130€/Ha,
pero 39€ se son pastos arbustivos ou arboredo
  1. superficies a millo ou outros cultivos forraxeiros: máximo 20% da superficie forraxeira
  2. mínimo 70%da superficie de prados e pastos permanentes en PASTOREO

LIÑA EXTENSIFICACIÓN DE VACUN DE LEITE: 180€/Ha
  1. As UGM dos animais de máis de 12 meses representan como mínimo o 70% do total de UGM
  2. máximo de 25% superficies forraxeira a millo ou outros cultivos forraxeiros  (excluindo PR e PA)
  3. o pastoreo ocupara >50%da superficie de prados (temporais e permanentes)


AGRICULTURA ECOLOXICA
  1. Cumprir normativa ecolóxica




CONVERSION (€/HA)
MANTEMENTO
(€/HA)
CULTIVOS HERBACEOS
259
225
FRUTAIS (EPITA E OSO)
397
345
OUTROS FRUTAIS
178
155
HORTICOLAS A.L
483
420
HORTICLAS B.P
600
575
VIÑEDO
900
790
PRADOS E CULTIVOS FORRAX
345
300
PASTOS ARBUSTIVOS E ARBOREDOS
103,5
90
APICULTURA
35
30