venres, 27 de febreiro de 2015

AXUDAS PARA MERCAR/MELLORAR TERRA E PARA HORTA






NOVAS AXUDAS, SO PARA A PROVINCIA DE LUGO



Prazo de solicitude: 9 de marzo de 2015

Falade con nós para calquera dúbida: 982803633 ou info@xangalicia.com. 



Liña 1: PARA MERCAR TERRA. (Orzamento 250.000€ ). Vémolo moi pouco interesante, agás se tiñades xa algo en mente.
  • Gandeiros individuais, agrupacións, SAT , ou que asuman o compromiso a incorporación
  • 50% dos ingresos totais teñen que ser da actividade agraria, en gandeiros individuais; 50% dos ingresos da metade dos socios, nas sociedades, teñen que ser da actividade agraria
- Investimentos: terras para actividade agraria (mín. 1 ha)
- Cuantías: 500€/ha (máx. 18 ha= 9000€)
-Compromisos: manter a actividade agraria da superficie subvencionada 5 anos

Liña 2: APOIO DO SECTOR HORTÍCOLA (Orzamentos 100.000€) Esta sí pode ser interesante, mesmo para non horteláns (pero orzamento de 100.000€ en total...)
-Obxetivo: diversificación sector agrogandeiro para impusar outras formas de vivir do agro 

-Beneficiarios:
  • Productor hortícola ou sociedades con actividade hortícolas ou asuman o compromiso a incorporación
  • Inscritos no REAGA e xustificar ingresos hortícolas no último exercicio (excepto incorpoaracións)
  • Superficies mín. Invernadoiro 300 m2
-Investimentos:
  • Instalación invernadoiros novos
  • Reparación e melloras dos existentes
  • Sistemas de rega e outros
-Cuantías: Máx. 6000 € (IVE excluído)
-Compromisos: manter en producción un mínimo de 5 anos


Liña 3: APOIO AO SECTOR VITIVINICOLA (Orzamento 100.000€)

Para explotacións con rexistro vitivinícola
















venres, 13 de febreiro de 2015

PRODUCIR LEITE DE VACA ECOLÓXICA: manual de iniciación




Aquí el texto en castellano.

Ao final deste post, o índice do libro.

 
A produción e consumo de alimentos ecolóxicos están crecendo a un ritmo acelerado nos últimos tempos. Leite e produtos lácteos ocupan un espazo cada vez maior nos puntos de venda. Son cada vez máis as persoas que preguntan: é posible? Como? A produción ecolóxica de leite é algo innovador e moderno, e, polo tanto, descoñecido. Algúns aínda cren que producir ecolóxico é volver ás cavernas, ter ingresos ridículos, ou simplemente, que é imposible. Neste contexto, a falta de coñecemento e de formación son freos moi importantes ao desenvolvemento dunha produción rendible de leite ecolóxico.
Producir leite de vaca ecolóxica”, é o primeiro libro en castelán que aborda esta cuestión. Está destinado a produtoras, técnicos, xestoras, provedores; en suma, ao sector leiteiro no seu conxunto. Ofrece unha visión global da realidade técnica da produción de leite ecolóxico. Con moitas ilustracións e unha preocupación constante para describir as técnicas e prácticas concretas, esta guía debe facilitar a implantación e mellora de granxas ecolóxicas, a prol dunha produción de leite ecolóxico económicamente rendíbel á vez que ambientalmente sostible.
O libro recolle todos os aspectos ligados á produción ecolóxica de leite.
Tras unha introdución curta e unha clarificación teórica tamén breve, realízase un breve repaso á normativa da produción ecolóxica. Identifícanse ás diferenzas máis significativas respecto da produción convencional, sen entrar en detalles normativos. Un dos aspectos nos que se fai fincapé é o relativo áos edificios e construcións da granxa, para ver cómo deben ser as instalacións para gando ecolóxico.
O apartado seguinte trata das cuestións relativas á estratexia de reprodución, tocándose, entre outros, as técnicas de agrupación de partos ou o papel dos machos. Estúdase o relativo ás razas, destacándose o interese da frisona, evidentemente, pero presentando tamén os complementos posíbeis con outras razas.
Posteriormente se presenta una serie de capítulos centrais sobre o manexo da alimentación do gando ecolóxico. Dedícase un apartado extenso sobre o pastoreo, que mesmo pode ser consultado por produtores convencionais. Con un enfoque que se pretende práctico, aprendemos como deseñar parcelas de pastoreo, como debemos pastar, se con máis animais, menos, con parcelas máis ou menos grandes, con periodicidade máis ou menos extensa, etc... Este aspecto é de gran importancia nas explotacións ecolóxicas, na medida en que, si ben é fácil levar unha vaca a unha parcela, seica non é tan doado sacar o máximo rendimento económico da produción de leite que sacamos de esta parcela. Esta optimización económica esta relacionada á súa vez coa alimentación complementaria que damos aos animais, tanto pensos como forraxes, o que constitúe un apartado en sí. E para rematar este núcleo central, se dá unha ampla revisión sobre a produción de alimentos na explotación, sexa herba, millo u outros cultivos. En efecto, todos estes deben ir cultivados sen produtos químicos, o que implica certos cambios técnicos respecto do que adoitamos facer en convencional.
O capítulo 9 trata de sanidade animal. Nel, detémonos sobre as causas dos problemas sanitarios das vacas, e ofrecemos solucións alternativas aos tratamentos convencionais.
Non poucas explotacións ecolóxicas, ademáis de producir, realizan algún tipo de transformación ou distribución. De alí que o libro se pare para describir as distintas posibilidades, como xeito de ampliar as vistas no sector, mostrando que a venda a industria, sen máis, non é o único camiño posíbel.
Finalmente, non podía rematar a obra sen que se presentase o importante, a saber: é rendíbel producir leite ecolóxico? Evidentemente, o libro escribiuse porque a resposta é afirmativa, o que se evidencia ofertando un estudo dos resultados económicos obtidos por explotacións ecolóxicas galegas.
Para rematar, realízase un resumo que explica os pasos a seguir por unha explotación que queira cambiar o seu sistema produtivo, e pasarse a ecolóxico, apuntando directamente aos pasos adminsitrativos, técnicos e tamén mentais que terán que darse na granxa.
En definitiva, un libro que debe permitir mostrar ao sector lácteo que a produción ecolóxica é posíbel, á vez que rendíbel.


TABLA DE CONTENIDOS
1.INTRODUCCIÓN 3
2.ENFOQUE AGROECOLÓGICO 9
3.NORMATIVA 15
3.1 REGISTRO Y TRANSICIÓN 16
3.2 EL CULTIVO ECOLÓGICO 17
3.3 ANIMALES: PROCEDENCIA Y RAZAS 18
3.4 ESPACIOS, CARGA GANADERA Y EDIFICIOS 19
3.5 ALIMENTACIÓN 20
3.6 REPRODUCCIÓN Y SANIDAD 21
4.CONSTRUCCIONES 23
5.REPRODUCCIÓN, RAZAS, GENÉTICA 27
5.1.RAZAS 27
5.2.REPRODUCCIÓN 34
5.2.1.REPRODUCCIÓN Y REPOSICIÓN 34
5.2.2.INSEMINACIÓN VS TOROS 36
5.2.3.AGRUPACIÓN DE PARTOS 38
6.PASTOREO 41
6.1.EL PASTO 42
6.2.LA VACA 45
6.3.EL PASTOREO 47
6.3.1.TEORÍA 47
6.3.1.1.TIEMPO DE REPOSO 50
6.3.1.2.TIEMPO DE PERMANENCIA 51
6.3.1.3.CARGA INSTANTÁNEA 51
6.3.1.4.PRODUCTIVIDAD ANIMAL 52
6.3.2.SISTEMAS Y TÉCNICAS DE PASTOREO 55
6.3.2.1.¿QUE PARCELAS PASTAR? 55
6.3.2.2.¿CUÁNDO PASTAR? 58
6.3.2.3.¿QUÉ HACEMOS CUANDO NO HAY PASTO? 61
6.3.2.4.CON QUE ANIMALES PASTAMOS? 62
6.3.2.5.MANERAS DE PASTOREAR 64
6.3.2.6.LA AGRUPACIÓN DE PARTOS 65
6.3.3.DISEÑO DEL PASTOREO 67
6.3.3.1.PARCELAS FIJAS, PERO ¿PORQUÉ? 67
6.3.3.2.¿CUÁNTAS PARCELAS Y DE QUÉ TAMAÑO? 68
6.3.3.3.EL TURNO DE PASTOREO 70
6.3.3.4.NUNCA DIVIDIMOS PARCELAS? 74
6.3.3.5.INFRAESTRUCTURA DEL PASTOREO: CAMINOS Y AGUA 76
6.3.4.APRENDIZAJE 77
7.ALIMENTACIÓN 81
7.1.PRINCIPIOS TEÓRICOS 81
7.2.COMPLEMENTACIÓN DEL PASTO 84
7.2.1.COMPLEMENTACIÓN CON CONCENTRADOS 85
7.2.2.COMPLEMENTACIÓN CON FORRAJES 87
7.2.3.COMPLEMENTACIÓN EN LA PRÁCTICA 88
7.3.MANEJO DE LA RECRÍA 92
7.4.MÉTODO OBSALIM® 95
8.PRODUCCIÓN DE ALIMENTOS 99
8.1.FERTILIZACIÓN 99
8.2.HIERBA 105
8.2.1.ESPECIES Y VARIEDADES 105
8.2.2.OPERACIONES DE CULTIVO 111
8.2.3.SECADEROS 114
8.2.4.CONTROL DE PLAGAS, ENFERMEDADES Y ADVENTICIAS 116
8.2.5.PRODUCTIVIDAD 120
8.3.MAÍZ 122
8.3.1.VARIEDADES 122
8.3.2.OPERACIONES DE CULTIVO 123
8.3.3.PRODUCTIVIDAD 127
8.4.MEZCLAS CONCENTRADAS 128
8.5.OTROS CULTIVOS 129
8.6.BIODIVERSIDAD: UN FACTOR CLAVE 130
8.6.1.DIVERSIDAD DE RAZAS 130
8.6.2.ROTACIÓN 130
8.6.3.COMPLEMENTOS ALIMENTICIOS Y MEDICINAS 131
8.6.4.SETOS Y ÁRBOLES 132
9 SANIDAD 135
9.1 PRINCIPIOS TEÓRICOS 136
9.1.1 LA MEDICIÓN DE LA SALUD 137
9.1.2 RAZAS 138
9.1.3 INTENSIFICACIÓN 139
9.1.4 ALIMENTACIÓN 140
9.1.5 PASTOREO 141
9.1.6 BIENESTAR 143
9.1.7 EL ORDEÑO 145
9.1.8 ESTRÉS Y RELACIÓN CON EL JEFE/ LA JEFA 145
9.2 TERAPIAS ALTERNATIVAS 146

10.SISTEMAS DE VENTA 151
10.1.VENTA A INDUSTRIA 151
10.2.ENVASADO, TRANSFORMACIÓN, DISTRIBUCIÓN 152
10.3.SISTEMAS DE DISTRIBUCIÓN 155
11.RESULTADOS ECONÓMICOS 159
11.1.RENTABILIDAD ECONÓMICA: ECOLÓGICO VS CONVENCIONAL 160
11.2.RESULTADOS ECONÓMICOS: EVOLUCIÓN 166
12.TRANSICIÓN 173
12.1.ÁMBITO TÉCNICO-ADMINISTRATIVO 173
12.2.CAMBIO MENTAL 177
13.CONCLUSIÓN 181
ENLACES DE INTERÉS 185
BIBLIOGRAFÍA 187